Thursday 02 de May de 2024

O Partido Popular de Arzúa realizará o mitin central mañá, mércores 24 de maio, acompañados de Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.


• Celebrarase na Parrillada-pulpería Santa María (Guerra) ás 21 horas.

• Presentaranse as principais liñas do programa para as eleccións do 28M.

O partido popular celebrará mañá mércores o mitin central, ao que convidan a toda a veciñanza das parroquias e da vila, nun formato diferente ao que se está a realizar nas parroquias.

É a Parrillada-pulpería Santa María (coñecida como “Guerra”), na Ronda da Quenlla, 3 de Santa María – Arzúa o lugar escollido para realizar o mitin que contará coa maior congregación de persoas na campaña electoral. Será ás 21 horas.

No acto intervirán Luís Vázquez García, candidato nº 2 á alcaldía, Rafael Rivadulla Vareala, candidato nº 1 á alcaldía e actual concelleiro e voceiro municipal, así como Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Os populares presentarán as liñas fundamentais do proxecto para Arzúa como próximo goberno para os vindeiros catro anos, centrado na ampliación de solo industrial, atracción de empresas e poboación, así como no reforzo de servizos actuais e implantación doutros novos.

Dende o Partido Popular de Arzúa aproveitamos para indicar que esta é a única oportunidade que temos de dirixirnos publicamente e de forma masiva aos veciños para pedirlles o voto e defender o noso programa fronte aos outros partidos. O goberno bipartito AxA-PSdeG non permitiu empregar a emisora pública municipal para realizar un debate electoral e nin sequera entrevistas aos candidatos, algo que si permitiu nas anteriores eleccións.